La Vuelta ciclista ocupará 4.787 camas en hoteis do Grove, Sanxenxo, Pontevedra, Vigo, Vilanova e Cambados

Pontevedra
23 de maio 2013

A presenza da volta reportará un importante beneficio directo (restaurantes, hoteis, comercios⿦) para a economía provincial; soamente a factura hoteleira por noite "ascende a máis de 90.000 euros, ó que habería que engadir o consumo en comida, transporte, material sanitario e outras necesidades dos ciclistas" como así manifestou o director de La Vuelta, Javier Guillén

Plaza de Fefiñáns, gravación dun spot de La Vuelta ciclista
Plaza de Fefiñáns, gravación dun spot de La Vuelta ciclista / Deputación de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou este xoves unha ocupación hoteleira de 4.787 camas do 21 ó 27 de agosto grazas á saída dende as Rías Baixas de La Vuelta Ciclista a España 2013.

Son 4 hoteis do Grove (Montemar, Hotel Abiertas, Gran Hotel, e Hesperia A Toxa), que suporán 805 habitacións, (115 por noite durante 7 noites). Esta vila acollerá a sede da organización, os tráilers de equipo técnico e infraestrutura, sala de acreditacións, o centro de conferencias, así como a presentación en directo o día 23 dende o Palacio de Congresos da Toxa, que contará coa presenza de Carlos Núñez. Deste xeito a comarca convértese en centro neurálxico e loxístico onde a afluencia comezará a principios de agosto e que aglutinará a unha caravana cunha masa fixa de 2.000 personas.

En Sanxenxo serán 1.575 camas (225 por noite) distribuidas en 8 hoteis (Nuevo Astur, Campomar, Carlos I de Silgar, Nuevo Lanzada, Talaso Sanxenxo, Ton, Galatea, e Pedramar).

En Pontevedra un total de 1.337 habitacións (191 habitacións por noite), entre oito hoteis (Campaniola, Galicia Palace, Rías Baixas, Dabarca, Room, Parador Pontevedra, Virxe do camiño, e Avenida).

En Vigo existe unha previsión de ocupación de 665 habitación (95 por noite) no Bahía de Vigo, Hesperia Vigo, Tryp Galeones, e Cidade de Vigo.

En Vilanova ( Leal La Sirena), 160 (40 por noite).

En Cambados (Parador e San Marcos),  245 camas (35  por noite).

A presenza da volta reportará un importante beneficio directo (restaurantes, hoteis, comercios⿦) para a economía provincial; soamente a factura hoteleira por noite "ascende a máis de 90.000 euros, ó que habería que engadir o consumo en comida, transporte, material sanitario e outras necesidades dos ciclistas" como así manifestou o director de La Vuelta, Javier Guillén.

Por outra banda, os responsables deste evento deportivo salientan o beneficio indirecto por mor do gran impacto mediático que causa a súa difusión en máis de 185 medios de comunicación nacionais e internacionais o que implicará a promoción da nosa provincia e a súa proxección como un destino atractivo ou a súa identificación cunha marca de prestixio.

Neste senso levarase a cabo unha forte campaña a través dun vídeo promocional que comezouse a rodar este xoves en Cambados na Praza de Fefiñáns.