La Vuelta ciclista a España ficha a Mexi como mascota

Pontevedra
06 de maio 2013

La Vuelta ciclista a España terá mascota pontevedresa. Unipublic ven de fichar a Mexi. Obviamente non se trata do futbolista arxentino do Futbol Club Barcelona senón dun molusco bivalvo que atende ao nome de Llón, Mexi-Llón

Pepe Carreiro autor de Mexi-Llón
Pepe Carreiro autor de Mexi-Llón / Deputación de Pontevedra

La Vuelta ciclista a España terá mascota pontevedresa. Unipublic ven de fichar a Mexi. Obviamente non se trata do futbolista arxentino do Futbol Club Barcelona senón dun molusco bivalvo que atende ao nome de Llón, Mexi-Llón.

A mascota é obra de Pepe Carreiro, pai dos Bolechas, e este luns foi presentada aos medios como "o mellor dos representantes das Rías Baixas: san, deportista e cen por cen galego".

Antes de quedarse con Mexi, houbo todo un proceso de selección no que quedaron descartados outros candidatos como unha gaivota, unha centola, vieira ata o albariño.

O director xeral de Unipublic, Javier Guillén, anunciou que no mes de xullo empezará a promoción deste "icono que enlaza con lo que quiere La Vuelta".