A Pontevedra volveulle a sorrir a sorte no sorteo da Primitiva. Un boleto selado na cidade foi o afortunado gañador dun premio de 733.943 euros.
O seu propietario ou propietaria logrou acertar os seis números da combinación gañadora do sorteo deste sábado, que foron 8 - 15 - 19 - 29 - 38 - 48.
O complementario, innecesario para o gañador do sorteo, foi o 37.
O boleto foi rexistrado na Administración de Loterías número 2 de Pontevedra, situada na rúa Joaquín Costa, segundo informan desde Loterías e Apostas do Estado.
Ademais do de Pontevedra, houbo outro gañador de primeira categoría (seis acertos) no sorteo da Primitiva. Foi unha persoa que xogou en Pamplona.