Este xoves 11 de xullo, Pontevedra foi o epicentro da televisión nacional coa emisión especial dende a Plaza de A Ferrería do programa 'La Noche en 24 horas' de TVE.
O presentador pontevedrés Xabier Fortes dirixía este programa especial que marca o peche de tempada, ademais con un rexistro histórico de audiencia nos seus quince anos de emisión.
O programa, coñecido polo seu enfoque en análise e debate político, contou con dous invitados de excepción, ambos veciños de Pontevedra: Alfonso Rueda, presidente da Xunta, e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, ademais de Gerardo Lorenzo e a periodista Susana Pedreira.
"Emitir desde Pontevedra", segundo Fortes, "é un honor tras ter que pospoñer a idea o ano pasado debido á convocatoria anticipada de eleccións xerais".
Durante as últimas horas, técnicos do programa instalaron o set na céntrica praza pontevedresa para presenciar a emisión en directo.
Numeroso público achegouse ata A Ferrería despois dunha xornada meteoroloxicamente inestable.
'La Noche en 24 horas' emítese polo canal temático de noticias que compite en prime time cos mellores programas das televisións xeneralistas, o que fai aínda máis significativa esta emisión desde Pontevedra.
As intervencións provocaron diversas reaccións nas redes sociais, na maioría dos casos agradecendo o talante dos dous políticos invitados ao plató improvisado na Ferrería.
Despedimos desde Pontevedra la temporada, en la que hemos alcanzado récord histórico de audiencia con un 2% de cuota, y volveremos en septiembre
La noche en 24 horas (@Lanoche_24h) July 11, 2024
Boa noite, bo verán e sentidiño!#LaNoche24h
https://t.co/KvgtvoBNbhpic.twitter.com/XEyXmojXEu