A parella e único imputado pola desaparición de Sonia Iglesias, Julio Araújo, rompeu este mércores o seu silencio, o que o acompaña dende a desaparición da pontevedresa o 18 de agosto de 2010. Fíxoo este mércores nun programa de televisión, Espejo Público de Antena 3, no que analizou a súa relación co seu fillo de 12 anos e a súa mala relación coa familia da desaparecida.
O contido da conversación non se reproducirá ao entender PontevedraViva que non ten autorización para facelo, pois a cadea televisiva lle gravou cunha cámara oculta, pero no citado programa valoraron as súas declaracións tanto a irmá de Sonia Iglesias, Maricarmen Iglesias, como o ex xefe da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional que levou a investigación, Serafín Castro.
Serafín Castro ve a Julio Araújo "totalmente desconocido" con respecto a cando empezou a investigalo hai máis de tres anos, pois nas declaracións gravadas esténdese dando explicacións e, non obstante, nas numerosas ocasións nas que os policías o interrogaron pola desaparición da súa parella se encontraron con que "es el típico tío, al menos con nosotros, al que le preguntas, hablas con él y no te sigue la conversación. En un momento determinado, si.., no..., es lo que piensa usted..., demuéstremelo... y de ahí...".
Maricarmen Iglesias sobre o fillo de Sonia: "Desde el primer momento no ha recibido la atención psicológica necesaria"
Maricarmen Iglesias reacciona ás palabras de Julio Araújo sinalando que á súa familia "nos gustaría que hablara y que contara todo lo que sabe" e, sobre posibles accións futuras de Julio Araújo se se levanta a imputación sobre el, considera que "no sé lo que tiene pensado hacer", pero que está convencida de que "cuanto más tiempo pasa, el tiempo corre a su favor y él lo sabe perfectamente".
A irmá da desaparecida recorda que a familia mantén mala relación co único imputado e, de feito, xa anunciaron en diversas ocasións a súa intención de pedir a custodia do neno, pero atrásano para "no perjudicarlo" (ao neno), pois o rapaz "sabe perfectamente que su padre es el único imputado". Si relata que cando intentan falar con el sobre a súa nai "se cierra en sí mismo". Na súa opinión, é porque "desde el primer momento no ha recibido la atención psicológica necesaria".