Juan Picos renova como director de Forestais decidido a manter a calidade formativa e captar máis alumnos

Pontevedra
12 de novembro 2020

O profesor de Enxeñería dos Recursos Naturais, Juan Picos, foi reelixido por unanimidade para continuar á fronte da Escola durante o próximos tres anos

Juan Picos, no centro da imaxe, reelixido como director da EE Forestal do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo
Juan Picos, no centro da imaxe, reelixido como director da EE Forestal do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo / Universidade de Vigo

O profesor do departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente, Juan Picos, foi reelixido director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra despois de obter o voto favorable dos 23 integrantes da comunidade universitaria que participaron na Xunta da escola.

Picos accedeu á dirección no 2017 en substitución de Enrique Valero e continuará outros tres anos á fronte dun equipo que completan os docentes Ángeles Cancela e José Manuel Casas. 

O obxectivo principal deste novo mandato será o de seguir potenciando "“ as fortalezas dunha escola pequena, pero que coopera en moitas iniciativas docentes, de investigación e de transferencia”, así como na necesidade “tentar corrixir ata onde podemos a súa debilidade en materia de captación de alumnado".

Sinalou o director como unha das debililidades do centro o feito de que, por primeira vez este ano, Forestais foi a única facultade do campus pontevedrés que non cubriu as súas prazas, para o que anunciou a posta en marcha dun programa específico de captacion de novos alumnos.

Para conseguilo, seguirán potenciando as múltiples fortalezas deste centro que pasan por "reforzar a imaxe dunha escola modesta pero cooperante e capaz de colaborar con outros centros de investigación do seu ámbito como o CIF de Lourizán, a Misión Biolóxica de Galicia. empresas do sector ou diferentes institucións", declarou o director.