Con 106 anos de idade, Josefina Villaverde é a militante socialista de maior idade de toda Galicia. E ante a inminente cita electoral do domingo, o candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, decidiu facerlle unha visita.
Así, Fernández Leiceaga pasou por Cuntis, vila na que reside Josefina. Trátase dunha muller, dixo o candidato socialista, que "é o exemplo de toda unha vida de fidelidade aos valores do partido".
"Nacín socialista e, se morro, morirei socialista", afirmou unha Josefina que se emocionou e que deixou brotar algunha bágoa durante a visita.
Xunto o líder socialista, estiveron o candidato máis novo nestas eleccións galegas, Iván Castro, de tan só 24 anos, e o alcalde de Cuntis, Manuel Campos.
Todos eles entregáronlle un ramo de rosas como agasallo e mostraron os seus mellores desexos a ela e a súa familia.
Josefina Villaverde cumprirá 107 anos o próximo mes de novembro.