Jorge Cubela inspecciona o remate das obras en viais de Currás e As Cruces

Cerdedo-Cotobade
24 de maio 2022

O alcalde de Cerdedo-Cotobade salientou a importancia de vertebrar a comunicación interior dos núcleos de poboación do municipio para garantir a accesibilidade dos vehículos e persoas ás vivendas

Cubela inspecciona a mellora de estradas en Borela
Cubela inspecciona a mellora de estradas en Borela / Concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acompañado polo concelleiro de Deportes, Bruno Portela, inspeccionaron o remate de varias melloras en camiños municipais acometidas a través do Plan Concellos da Deputación e que, no caso de Currás e As Cruces, en Borela, actuaron sobre viais que presentaban importantes deficiencias que agora quedan subsanadas.

A pista inspeccionada está incluída nunha actuación do Plan Concellos dotada dun orzamento global de 25.435,89 euros e que vai dirixido á mellora dos accesos de A Cerdeiriña (Valongo) e Dos Currás e As Cruces (Borela) e que foron adxudicados e executados pola empresa COVSA.

Jorge Cubela salientou a importancia destas “pequenas obras” que sin embargo representan actuacións moi necesarias para garantir nas mellores condicións posibles o acceso rodado e a vertebración interior da amplia e tupida rede de viais e camiños municipais existentes ao longo e ancho do concello.

“Para nós é moi importante atender estas demandas e dotar deste tipo de infraestruturas aos núcleos rurais porque deste xeito garantimos non so o acceso das persoas e dos seus automóbiles ás zona habitadas senón que facilitamos a chegada de vehículos de emerxencia cando se precisa auxiliar á poboación polo que para nós é fundamental este tipo de actuacións que temos que ir acometendo na medida nas nosas posibilidades a través de fondos propios ou, como neste caso, cunha boa xestión ante outras administracións ou entidades”, indicou o alcalde Jorge Cubela.