Jorge Cubela desconfía da proposta de fusión de Andrés Díaz

Ponte Caldelas
05 de abril 2016

O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, non se fixo esperar ante as declaracións de Andrés Díaz de realizar a fusión co Concello de Ponte Caldelas no canto de con Cerdedo

Os alcaldes de Cotobade, Jorge Cubela e Ponte Caldelas, Andrés Díaz
Os alcaldes de Cotobade, Jorge Cubela e Ponte Caldelas, Andrés Díaz

Jorge Cubela, alcalde de Cotobade, ante as declaracións do alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, que abriu a posibilidade de facer unha fusión entre os dous municipios refugando o proceso aberto entre Cerdedo e Cotobade, non tardou en responder.

Dixo que está aberto a estudar unha fusión entre Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade só cando acabe este proxecto, se chega a aprobarse, porque actualmente está en fase de estudo. 

O novo proxecto partiría dun concello de 6.200 habitantes e outro de menos de 6.000 polo que a capitalidade do mesmo sería en Carballedo, ao ser o municipio de maior poboación, que ademais ocuparía unha posición xeográfica e estratéxica.

Ademais, engade que con esta tripla unión o PP tería o 60% dos representantes e a maioría absoluta o que o deixaría fóra da alcaldía, "por tanto desconfío un pouco da súa oferta", engadiu Cubela.

Tamén quixo deixar claro que "se Andrés Díaz vai en serio, pode empezar a preparar a documentación para a integración de Ponte Caldelas no noso proxecto".