Tras vinte anos como alcalde, Jorge Canda revalida a súa maioría absoluta no Concello da Lama e faino con máis folgura que nas anteriores eleccións muncipais de 2015. Gaña un concelleiro, ata situarse nos sete. Lembremos que a maioría absoluta está situada en seis concelleiros.
Co 100% do escrutinio, o Partido Popular de Jorge Canda consegue o 56,94% dos votos. O PP non só se consolida na alcaldía senón que establece máis distancia con respecto ao segundo partido con representación no municipio: o PSOE.
Os socialistas, liderados por Enrique Vaqueiro, perden a metade da súa representación e pasan dos catro concelleiros conseguidos nas eleccións de 2015 a tan só dous. O propio Vaqueiro, a través das redes sociais, felicitou ao PP pola súa victoria e anuncia que presentará a súa dimisión como secretario xeral do PSOE da Lama.
Cidadáns, con Andrés Cal á fronte, mantén o seu único concelleiro, e o BNG, tras a súa ausencia nas últimas eleccións municipais, volve ao Concello cun representante, Xesús Fortes.