Queres máis a Ferrol ou a Pontevedra?, tes vida social?, ou un comprometido tes noiva?. Foron algunhas das preguntas que os alumnos do CEIP Campolongo puideron facerlle este luns ao campión do Mundo de Tríatlon, Javier Gómez Noya, na visita que realizou ao centro.
Gómez Noya recoñeceu que "me puxeron nalgún que outro aperto", pero mostrouse encantado de poder compartir o seu tempo cos alumnos.
Primeiro o triatleta ofreceu aos estudantes de quinto e sexto de primaria unha charla sobre as súas experiencias deportivas e persoais, para terminar máis tarde compartindo práctica deportiva co resto de alumnos no patio do centro.
Antes de finalizar a visita Javier Gómez Noya recibiu unha homenaxe a modo de baile, chamado 'a carrasquiña', que lle dedicaron todos os nenos do CEIP.
Gómez Noya comprometeuse a visitar o colexio despois de que a Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística concedéselle o Premio Leixaprén por "utilizar o galego habitualmente en medios de comunicación, charlas e manifestacións públicas e ter defendido o valor e a importancia do uso da nosa lingua".