Jaime Olmedo apela aos seus oito anos de xestión para a súa reelección como presidente do Liceo Casino

Pontevedra
17 de setembro 2018

Cunha candidatura de continuidade, pero coa posibilidade de realizar algunha incorporación nun futuro próximo, o equipo de Jaime Olmedo presentará en breves días, as accións encamiñadas a facer chegar o seu proxecto aos máis de dous mil socios da entidade, coa exposición do seu programa electoral completo

Candidatura de Jaime Olmedo á presidencia do Liceo Casino
Candidatura de Jaime Olmedo á presidencia do Liceo Casino / Candidatura de Jaime Olmedo

A apertura do proceso electoral á presidencia do Liceo Casino de Pontevedra é un síntoma da súa boa saúde. A concorrencia de dúas candidaturas para rexer os destinos da veterana sociedade pontevedresa pon de manifesto dous diferentes modos de enfocar o futuro inmediato, pero tamén estimula a participación e a achega de ideas que contribúan a revitalizar o día a día do Liceo Casino.

O equipo que encabeza o actual presidente en funcións, Jaime Olmedo, aspira a un terceiro mandato consecutivo porque pensa que o seu proxecto está inacabado e que, a pesar de “facer moito, tanto en materia de obras como de actividades, queda moito traballo por facer, tanto como ilusión para abordalo”.

Cunha candidatura de continuidade, pero coa posibilidade de realizar algunha incorporación nun futuro próximo, o equipo de Jaime Olmedo presentará en breves días, as accións encamiñadas a facer chegar o seu proxecto aos máis de dous mil socios da entidade, coa exposición do seu programa electoral completo.

Mentres tanto, poñen sobre a mesa o aval dos seus oito anos de xestión, cos principais logros alcanzados, pero tamén deixando aos descuberto puntos débiles que pretenden corrixir se contan co respaldo maioritario da masa social para seguir á fronte do Liceo Casino nos próximos catro anos.

Como exemplo do realizado, Jaime Olmedo e o seu equipo afrontaron importantes melloras no parque da Caeira e na Sede Social, na rúa Manuel Quiroga, onde, a pesar das melloras terminadas consideran que queda moito por realizar aínda para lograr unha completa e necesaria rehabilitación.

Como obxectivo xeneral, preténdese obter un maior aproveitamento da súa superficie, conseguindo novas salas insonorizadas para que simultaneamente poidan realizarse actividades sen molestias para os restantes usuarios.

Desde dúas salas de usos múltiples na planta soto (Sala multimedia e de cinema, con capacidade para 50 butacas e Sala infantil con usos compatibles como discoteca para os socios xuvenís e outras actividades lúdicas infantís), ata diversas estancias nas restantes plantas, unhas en execución e outras xa terminadas e en uso, que poderán albergar diferentes actividades (conferencias, reunións, sala de estudo, sala de billar e xogos de mesa, sala para a sección de bridge, servizos múltiples, etc.).

Destacar tamén o cambio de localización, xa realizado, da secretaría, trasladada á terceira planta co fin de facilitar o acceso á mesma en ascensor.

Por último, nesta primeira comunicación a dirixida aos socios, Jaime Olmedo e os seus compañeiros de candidatura queren destacar que "pretendemos unha maior participación dos socios na toma de decisións, integrándoos nas comisións de axuda á xunta directiva, das cales actualmente xa están activas unha de festexos e outra de actividades infantís".

"En canto ao deporte debemos seguir ofrecendo cada vez máis actividades. Queremos resaltar que nestes últimos anos pasamos de 400 usuarios mensuais a 1.150, pero coas novas salas teremos capacidade para dar servizo a un maior número de deportistas", engadiu, para resaltar que "somos un equipo interdisciplinar e experimentado, xóvenes de espírito, que nos une o traballo e a ilusión por mellorar o noso querido Casino".