Jacobo Moreira encara a carreira á Alcaldía de Pontevedra co reto de "devolverle el liderazgo económico"

Pontevedra
31 de xaneiro 2015

O presidente local do PP reuniuse este sábado coa "maquinaria electoral" do partido, 200 axentes electorais cos que buscou afianzar posturas comúns. Cre que as eleccións de maio son "una gran oportunidad para reconducir el camino de Pontevedra"

Encontro de Jacobo Moreira con 200 axentes electorais do PP de cara ás eleccións municipais de maio
Encontro de Jacobo Moreira con 200 axentes electorais do PP de cara ás eleccións municipais de maio

O presidente local do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira, comezou a carreira cara aos comicios municipais do 24 de maio reuníndose coa "maquinaria electoral" do partido, 200 axentes electorais cos que buscou afianzar posturas comúns. Ao día seguinte de que o PPdeG confirmase que é a súa aposta para encabezar a candidatura á Alcaldía da cidade do Lérez, quixo deixar claro que dedicará estes meses a escoitar os pontevedreses, pero tamén á militancia 'popular', á que define como a súa "infantería" e como as persoas que "sostienen el partido".

Moreira avanzou que o seu reto de cara ás eleccións municipais é chegar á Alcaldía para"devolverle el liderazgo económico a Pontevedra", así como "atajar su principal problema" e a principal preocupación dos pontevedreses, o desemprego.

A súa lista combinará renovación e xente que "ha demostrado un bagaje del trabajo municipal"

O candidato do PP cre que as eleccións de maio son "una gran oportunidad para reconducir el camino de Pontevedra" de aí que se mostre "muy agradecido" co seu partido por elixilo neste momento. A responsabilidade non é pouca, pois, ao seu xuízo, asumir a candidatura do Partido Popular á Alcaldía de Pontevedra supón a "gran responsabilidad de representar al partido más votado en Pontevedra".

O acto deste sábado no Hotel Galicia Palace é o pistoletazo de saída a unha carreira que nos próximos meses lle levará a perfilar tanto a lista completa coma o programa, todo co "compromiso de darlo todo de aquí a las elecciones".

Non quixo avanzar ningún detalle en relación coas persoas que o acompañarán na lista, pero si que combinará a necesaria renovación con respecto á candidatura das eleccións de 2011 con candidatos que repetirán porque coñecen o funcionamento do Concello e "han demostrado un bagaje del trabajo municipal".

Rueda asegura que o nome de Moreira como candidato "estaba bastante claro desde julio"

Os nomes non están aínda decididos porque supón a ardua tarefa de conformar "un equipo para gobernar, no para estar en la oposición". Cre que a súa lista é "la más complicada que se plantea en Pontevedra".

De cara aos próximos meses tamén se marca como reto seguir coa liña de traballo dos últimos tempos, en lso que se reuniu con diversos colectivos da cidade e das parroquias do rural para alcanzar un "conocimiento profundo" das necesidades que teñen os veciños de Pontevedra e que "en muchos casos llevan demandando cerca de dos décadas". Ao respecto, adiantou xa unha parte do seu programa: o PP vai "comprometer más participación social".

Jacobo Moreira recibiu este sábado o respaldo do secretario xeral do PPdeG e coordinador da campaña, Alfonso Rueda, que asegurou que o seu nome como cabeza de lista "estaba bastante claro desde julio", momento en que se celebraron as eleccións nas que foi elixido novo presidente local do partido en substitución de Telmo Martín.