O portavoz municipal do PP e candidato á Alcaldía de Pontevedra nas próximas eleccións municipais, Jacobo Moreira, desvelará dentro dun mes a súa postura oficial en relación co futuro da empresa ENCE en Ría de Pontevedra máis aló do ano 2018. El mesmo explicou que está mantendo unha serie de reunións con diversos colectivos para escoitar á sociedade pontevedresa en todo o relativo á continuidade da pasteira en Lourizán e que se pronunciará "clara y contundentemente" sobre esta cuestión na segunda quincena de marzo.
Moreira realizou este anuncio tras reunirse con directivos da recentemente creada Plataforma de apoio á industria da comarca de Pontevedra. ÿ un dos colectivos aos que quería escoitar, pero os seus 'sondeos' para coñecer a opinión dos pontevedreses comezaron hai xa "mucho tempo" e continuarán nas próximas semanas, pois aínda ten pendentes máis reunións con "una serie de personas con las que quiero hablar".
Entre os seus plans non está reunirse con ENCE porque considera que "es evidente que la postura de la empresa es la que es", pero si quere escoitar a todo o resto da sociedade. Unha vez terminada a rolda de contactos, pronunciarase coa que el considere que é "la mejor solución para Pontevedra".
Á hora de tomar a decisión sobre a súa postura non pesará, segundo indicou, a opinión dos accionistas de ENCE, pois "sinceramente, son los que menos me preocupan". Ao líder do PP local preocúpanlle os traballadores, os empresarios cuxos negocios dependen da pasteira e, en definitiva, "me preocupa Pontevedra".
A Plataforma de apoio á industria devencéllase de ENCE: "Fue cosa nuestra, no tiene nada que ver"
A importancia de ENCE no tecido económico da comarca tamén a defendeu este luns o presidente da Plataforma de apoio á industria, José Manuel Sánchez Pérez, que sostén que a maioría das empresas de Pontevedra traballan para a pasteira dalgún ou outro modo, desde as papelerías aos taxistas.
O novo colectivo empresarial, integrado mayoritariamente por provedores de ENCE, quixo desvincularse das voces que sinalan que a propia pasteira está detrás da súa creación como plataforma. "Fue cosa nuestra, no tiene nada que ver", defendeuse o seu presidente e asegurou que centran as súas demandas en defensa da industria na empresa de Lourizán "porque trabajamos para ella", pero defenderían igualmente a calquera outra empresa, pois "en estos momentos está dando trabajo a muchísimas empresas y es lo que nos interesa, trabajo. Sin trabajo no hay dinero y sin dinero no hay consumo".
Os empresarios pediron unha reunión co Goberno de Pontevedra, pero aínda non lles deron cita
Os empresarios pediron unha reunión co Goberno de Pontevedra, pero aínda non lles deron cita, de modo que o PP é o primeiro grupo político con representación na Corporación ao que transmiten as súas inquedanzas, que se centran de forma especial en ENCE e nos recheos do Porto de Marín afectados por unha orde xudicial de derriba, pero que van máis aló e pretenden defender que "Pontevedra no quede como una ciudad sin industria".
"Si no se hace algo al respecto, Pontevedra muere", advirte José Manuel Sánchez Pérez, que recoñece que Pontevedra para vivir é "una de las mejores ciudades del mundo", pero lamenta que non ten industria. A esta reinvidicación estanse sumando, segundo anunciou, cada vez un número maior de empresas que as oito fundacionais e puxéronse en contacto coa plataforma ata firmas de fóra de Galicia.