Iván Puentes critica que a marcha de Ence ensuciase os xardíns da Praza de España

Pontevedra
03 de outubro 2022

Ao remate da marcha de protesta os xardíns da Praza de España quedaron empapelados con rolos de papel hixiénico que cubriron o monumento dos Heroes de Ponte Sampaio así como as árbores e demais elementos do espazo axardinado  

Xardíns da Praza de España cubertos de papel hixiénico
Xardíns da Praza de España cubertos de papel hixiénico / PontevedraViva

O concelleiro de Medio Natural e Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, criticou a sucidade provocada pola manifestación do pasado venres por parte dos traballadores de Ence e as súas empresas auxiliares a favor da permanencia da fábrica na súa actual localización en Lourizán.

Ao remate da marcha de protesta os xardíns da Praza de España quedaron empapelados con rolos de papel hixiénico que cubriron o monumento dos Heroes de Ponte Sampaio así como as árbores e demais elementos do espazo axardinado.

Nas súas redes sociais o edil socialista publicou: "Se non respectas á túa cidade, é difícil pedirlle a ela que che respecte a ti" e os lemas “#ENCEsiPeroNonAí e tamén #ENCEsiPeroNonAsí”.