O prezo da piscina e as actividades municipais de Sanxenxo será un 25% máis baratos para os empadroados e manterase por baixo dos concellos da contorna.
É unha das principais consecuencias da nova decisión do Concello de Sanxenxo, que levará ao Pleno do próximo 27 de maio a actualización dos prezos das actividades culturais, educativas, a piscina municipal e os módulos do imposto de construcións, instalacións e obras (ICIO). Os novos prezos increméntanse un 25% no caso dos usuarios non empadroados.
Os veciños dispoñerán de bonificacións do 25% de redución ás familias numerosas, do 100% a familias acolledoras de menores, de 100% a familias con informe favorable de servizos sociais de Sanxenxo e do 20% ao segundo irmán matriculado na mesma actividade.
Os prezos das actividades municipais culturais e educativas, como a escola de música, arte, ludotecas e outras non se actualizaron desde o ano 2011. Desde entón o IPC acumulado supera o 35%. No caso da piscina, a última modificación é máis recente, de 2017.
Os prezos da piscina son:
• Entrada piscina + ximnasio pasa de 4 a 5 € (3 € para menores de 16 e maiores de 65 anos)
• Socio familiar pasa de 42 a 46,80 €
• Socio individual pasa de 32 a 34 €
• Bono de 15 baños pasa de 33 a 45 €
Os prezos da Escola de música:
• Matricula anual pasa de 20 a 25 €
• Iniciación musical mantén o prezo de 20 €
• Música e movemento de 20 a 25 €
• Linguaxe musical + instrumento de 40 a 50 €
Outras actividades:
• Escola de arte de 9 a 12 €
• Obradoiro 5 días de 15 a 20 €
• Obradoiro 2 semanas de 30 a 40 €
• Ludotecas de 8 a 12 €