O Goberno galego vén de rematar as obras de mellora no Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) A Lama, cun investimento de 60.000 euros.
O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta de Galicia, Jesús Álvarez, visitou o centro para supervisar o remate dos traballos.
As obras, enmarcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, centráronse na impermeabilización da fachada e na substitución das ventás da zona da biblioteca escolar, que tamén acolle o Polo Creativo do centro.
Estas melloras teñen como obxectivo evitar filtracións e incrementar o confort dun dos espazos máis activos do colexio dende o punto de vista académico.
Cabe destacar que esta actuación complementa unha intervención anterior realizada a principios do ano pasado, na que se investiron 55.000 euros para ampliar e equipar a biblioteca escolar.
Estes fondos destinároanse á remodelación do espazo, á adquisición de novo mobiliario e equipamento, así como á compra de fondos bibliográficos.
O director xeral salientou o compromiso do Goberno galego co ensino no rural, apostando por infraestruturas modernas, confortables e ben equipadas.
Ademais, gabou o dinamismo da biblioteca escolar do CEIP A Lama, que forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia dende o curso 2009-10.