Investimento de case 6 millóns de euros nunha nova sala de hemodinámica no hospital Montecelo

Pontevedra
16 de setembro 2022

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este xoves o compromiso da Xunta na mellora dos servizos de Cardioloxía e a renovación das salas de hemodinámica nos hospitais da sanidade pública galega, co obxectivo de mellorar os tempos de atención tras un accidente cardiovascular e reforzar a asistencia que reciben os pacientes

Obras de construcción do Hospital Gran Montecelo (15/9/22)
Obras de construcción do Hospital Gran Montecelo (15/9/22) / Sergas

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este xoves o compromiso da Xunta na mellora dos servizos de Cardioloxía e a renovación das salas de hemodinámica nos hospitais da sanidade pública galega, co obxectivo de mellorar os tempos de atención tras un accidente cardiovascular e reforzar a asistencia que reciben os pacientes. 

Rueda destacou, como proba desa aposta, o investimento de case 6 millóns de euros nunha nova sala de hemodinámica no hospital Montecelo de Pontevedra.

Ademáis se renovarán outras seis: dúas na área sanitaria de A Coruña e Cee, dúas na de Vigo, outra para a de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; e tamén unha na área de Santiago de Compostela e Barbanza. De feito, esta mesma semana o Goberno galego licitou as obras para a creación da nova área de Cardioloxía Intervencionista e Hemodinámica no hospital de Ourense, por 2,7 millóns de euros. 

Na súa intervención na entrega do III Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía, concedido ao doutor Moisés Rodríguez Mañero e ao seu equipo, o titular do Goberno galego salientou os esforzos levados a cabo pola Xunta nesta especialidade, tendo en conta que as enfermidades coronarias son a primeira causa de morte no mundo. 

Como recoñecemento á sanidade pública, Rueda tamén tivo palabras de agradecemento aos profesionais que fan que os hospitais da Comunidade estean na cabeza en transplantes de corazón de toda España, ou que servizos de Cardioloxía como o do Complexo Hospitalitario Universitario de Santiago de Compostela estean entre os mellor valorados do país nos premios Best in Class.