Investigan un arousán por voaduras ilegais con pólvora caseira

O Salnés
21 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A investigación corre a cargo da Intervención de Armas da Garda Civil de Cambados, que xa detivera este mesmo home por un feito similar no ano 2005, nese caso, nunha explotación vitivinícola en Meis

Rochas que intentou voar
Rochas que intentou voar

A Garda Civil de Cambados investiga a un veciño de Vilagarcía de 56 anos por tres delitos de fabricación, tenencia e uso de materias explosivas pola súa posible vinculación con voaduras incontroladas en Meis.

A investigación corre a cargo da Intervención de Armas da Garda Civil de Cambados, que xa detivera este mesmo home por un feito similar no ano 2005, nese caso, nunha explotación vitivinícola no mesmo concello de Meis.

Segundo a información facilitada pola Garda Civil, identificaron a este home por mor dunha investigación aberta porque nos últimos tempos tívose coñecemento da existencia dalgunha voadura que podería estar á marxe da legalidade en terreos de monte arborizado con zonas rochosas para transformalos en terreos dedicados a viñedos.

En concreto, detectouse unha explotación nun monte de Meis que, pola forma en que se localizan rotas as rocas, pode ser compatible co uso de métodos ilegais, sendo o máis habitual, a fabricación caseira de pólvora.

Os axentes observaron un individuo que realizaba labores de preparación de voadura de rocas con explosivos e realizaron unha inspección da explotación. Na zona incautaron tres quilos de pólvora de fabricación caseira, polo que se decidiu investigar a este home por tres delitos.

As dilixencias son entregadas no Xulgado de Garda de Cambados.