Investigan dous mozos por un presunto delito contra a saúde pública durante o SonRías Baixas

Bueu
07 de agosto 2024

A Garda Civil localizou o primeiro sospeitoso o venres. Unha patrulla observou a 3 persoas que mostraban certo nerviosismo, e ao identificalos, a un deles atopáronlle dúas bolsas brancas con cocaína e MDMA. Ao segundo localizouno o sábado. Mostrábase nervioso e remiso e, ao facerlle un cacheo superficial, atoparon haxix

Droga intervida
Droga intervida / Guardia Civil de Pontevedra

O dispositivo de vixilancia deseñado pola Garda Civil para evitar alteracións de orde pública e en prevención da tenencia e consumo de substancias estupefacientes durante a pasada fin de semana en Bueu permitiu localizar a dous mozos que presuntamente trapichear con drogas.

O dispositivo coincidiu coa celebración en Bueu do festival SonRías Baixas e estes dous mozos están investigados por un presunto delito de tráfico de drogas.

A Garda Civil localizou o primeiro sospeitoso o venres, día 2 de agosto, sobre as 22:50 horas. Unha patrulla observou a 3 persoas que mostraban certo nerviosismo, e ao identificalos, a un deles atopáronlle dúas bolsas brancas pechadas.

O mozo é un veciño de Marín de 26 anos. Nunha bolsa tiña 20 envoltorios de cocaína, cun peso de 18 gramos e na outra 6 envoltorios brancos con MDMA. 

Sobre as 1.30 horas do sábado 3 localizouse ao segundo sospeitoso, un veciño de Bueu de 24 anos.

Mostrábase nervioso e remiso e, ao facerlle un cacheo superficial, os axentes atoparon nunha faldriqueira dúas placas dunha substancia marrón, supostamente haxix, de 200 gramos de peso.