Aparatoso accidente de circulación o acontecido á primeira hora da mañá deste domingo 9 de marzo.
Ocorreu no lugar do Casal, en Nantes.
Un sinistro que provocou a investigación por parte das autoridades para esclarecer as súas causas, xa que cando os servizos de emerxencia e a Policía Local de Sanxenxo acudíu ao lugar o condutor do vehículo xa non estaba alí.
Todo sucedeu ás 7.24 horas da mañá deste domingo.
Segundo informa o servizo municipal de Sanxenxo Seguridade Cidadá, a esa hora o 112 informou dun aviso automático polo salto dos airbags do turismo accidentado.

Tratábase dunha saída de vía, xa que aparentemente só un vehículo viuse implicado, impactando violentamente contra uns marcos de granito da leira lindeira á vía.
Un guindastre retirou o coche sinistrado do lugar.
O CONDUTOR, LOCALIZADO DÚAS HORAS E MEDIA DESPOIS
A Policía Local de Sanxenxo localizou o condutor do vehículo sinistrado dúas horas e media despois do accidente.
Segundo explicaron os axentes o home, veciño de Vilaboa, recoñeceu terse ido a unha leira para descansar.
Tiña o carné de conducir retirado ata o ano 2026 e ao ser sometido a unha proba de alcoholemia deu positivo cun resultado de 0,60.