Unha investigación conxunta da Garda Civil de Sanxenxo e de Baiona-Nigrán en colaboración co 'equipo @'
A investigación comezou o 13 de febreiro por mor dunha denuncia presentada no posto de Sanxenxo. A vítima relatou que a través da plataforma Wallapop anunciábase unha videoconsola PlayStatión 5, interesouse por ela e pagou 350 euros, pero nunca chegou a recibila.
A partir dos datos facilitados na denuncia, os investigadores lograron identificar a un home natural de Ferrol (A Coruña) como presunto autor da estafa. Trátase dun home de 37 anos que recibiu o diñeiro enviado pola persoa denunciante sen enviar a videoconsola que anunciara.
Ao sospeitoso cónstanlle numerosos antecedentes por delitos de estafa similares e os investigadores tiveron constancia de que tamén está implicado nunhas dilixencias abertas polo posto principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán por un feito similar ao de Sanxenxo.
Grazas á actuación conxunta de ambas as unidades e coa colaboración da unidade especializada na loita contra os delitos informáticos, lograron localizar ao sispe e citalo en calidade de investigado como presunto autor dos dous delitos anteriores.
As dilixencias son presentadas no Xulgado de Garda de Cambados.