As intensas choivas rexistradas durante a mañá deste domingo 1 de decembro nas Rías Baixas deixaron consecuencias especialmente visibles en Sanxenxo.
Así, efectivos da Policía Local e do servizo de Emerxencias tiveron que intervir en diversos puntos do municipio por complicacións derivadas da acumulación de auga.
Ao mediodía a situación xa volvera á normalidade, pero durante a mañá a acumulación de auga complicou a circulación de persoas e vehículos.
Así, por exemplo, na contorna da gasolineira de Vinquiño a elevada cantidade de precipitacións da mañá acumulouse e xerou bolsas de auga de varios centímetros.
A acumulación de auga tamén deixou grandes balsas na PO-308, coa conseguinte complicación para a circulación de vehículos.
Outras zonas afectadas foron as rúas Deputación Provincial, Veiga Descalza, Rial, Río Vallejos, Rafael Picó ou Fontoira, ou zonas da parroquia de Baltar.