A Policía Local de Pontevedra interveu na mañá deste mércores unha bicicleta dun 'rider' dunha compañía de repartición de comida a domicilio que circulaba pola cidade por facelo cun vehículo trucado.
Os axentes déronlle o alto ao ciclista sobre as 12.40 horas deste mércores na praza da Peregrina porque lles chamou a atención a bicicleta e sospeitaron que estaba trucada.
Cando lle pararon, comprobaron que efectivamente, tratábase dunha EPAC (bicicleta con pedaleo asistido), pero estaba trucada de tal forma que non tiña pedaleo asistido.
Nestas EPAC É necesario pedalear para activar a asistencia ao pedaleo accionado por un motor eléctrico, pero a súa estaba manipulada de tal forma que circula a máis velocidade da permitida para estes vehículos.
Segundo a información facilitada pola Policía Local, identificouse o condutor, formulouse proposta de denuncia e a bicicleta foi intervida.
A Policía Local non ten en marcha ningunha campaña de control específico destes vehículos, pero si realizan control permanente sobre vehículos que poidan incumprir as normas.