Na madrugada do xoves 10 de agosto vai levarse a cabo unha intervención intensiva de limpeza na avenida das Corvaceiras e na praza do Gremio de Mareantes, nas proximidades aos edificios, segundo informan desde a concellería de Limpeza Viaira de Pontevedra, que dirixe o edil Xaquín Moreda.
Neste caso, como é habitual, instalaranse valos desde a tarde do mércores coa prohibición de aparcar vehículos nas horas previas aos traballos. Os turismos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.
Esta intervención acometerase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión, tanto nas beirarrúas como nas cunetas e na calzada.
Desde a concellería solicítase a colaboración cidadá, tanto de residentes como de condutores, para garantir un bo resultado nesta intervención. Tamén piden desculpas polos inconvenientes que ocasións estes traballos.