A Garda Civil interceptou este xoves un condutor kamikaze que circulou en sentido contrario durante varios quilómetros pola autovía do Salnés en estado bébedo.
Fontes próxima ao caso indicaron que o incidente se produciu arredor das 18.30 horas, cando varios condutores alertaron ao Centro de Atención de Emerxenxias 112 e ao teléfono de Tráfico alertando da presenza dun condutor en sentido contrario.
O vehículo en cuestión era un Dainler Chrysler de cor negra e foi detectado á altura da saída da autovía do Salnés en Meaño.
Un patrulla do destacamento de Tráfico de Pontevedra rematou interceptándoo pouco tempo despois á altura do quilometro 1 da citada autovía e o seu condutor foi sometido á proba de alcoolemia.
O condutor deu positivo en consumo de alcool e foi detido pola súa condución manifestamente temeraria, se ben non ocasionou ningún accidente. O Grupo de Investigación e Apoio a Tráfico de Pontevedra instrúe dilixencias polo sucedido.