Interceptan un condutor sen carné e cun adhesivo falso da ITV

Bueu
26 de marzo 2021

O condutor deberá responder ante a xustiza, en concreto no xulgado de instrución de garda de Cangas do Morrazo, por un delito contra a seguridade viaria e por un delito de falsidade documental

Coche interceptado en Moaña tras seren avistado en Bueu
Coche interceptado en Moaña tras seren avistado en Bueu / Guardia Civil de Pontevedra

Un home de 38 anos, veciño de Moaña, foi interceptado tras ser avistado en Bueu e darse á fuga a pesar dos avisos da Policía Local para que detivese a súa marcha. 

Coa asistencia dunha patrulla de Tráfico da Garda Civil, o condutor foi inmobilizado á altura do quilómetro 6 da autovía AG-46, xa no termo municipal de Moaña.

Tras identificalo, os axentes comprobaron que perdera todos os puntos do carné de conducir e que o seu coche non pasara a ITV desde o ano 2015.

Para ocultar esta infracción, levaba na parte superior dereita da lúa dianteira un adhesivo falso co período de validez en vigor.

O condutor deberá responder ante a xustiza, en concreto no xulgado de instrución de garda de Cangas do Morrazo, por un delito contra a seguridade viaria e por un delito de falsidade documental.