A Policía Local de Poio localizou un coñecido vendedor furtivo mentres realizaba unha transacción ilegal de peixe na Rúa Avenida da Cruz.
A actividade, detectada na semana pasada, estaba a realizarse, ademais, nunha zona moi frecuentada, diante do supermercado Froiz de Combarro.
O home foi sorprendido "in fraganti" vendendo unha raia e varias sardiñas a outra persoa.
Os axentes presentes no lugar comprobaron a transacción de cartos polo peixe, confirmando así a ilegalidade da venda.
Estes produtos non pasaran polos controis hixiénico-sanitarios nin contaban coas autorizacións necesarias para a súa comercialización, o que supón un risco para a saúde pública.
A infracción foi comunicada á Consellería do Mar e Pesca, que se encargará de tramitar a sanción correspondente, a cal pode oscilar entre os 151 e os 3.000 euros, segundo o establecido na Lei de Pesca de Galicia.
Os axentes alertan do perigo que supón o furtivismo e a protección dos consumidores.
Ante calquera incidencia, a Policía Local de Poio lembra que o teléfono para contactar coa Xefatura é o 689.575.495 e o correo electrónico: [email protected]