Os cursos de Extensión Universitaria do campus de Pontevedra, que se desenvolverán entre xuño e outubro durante este ano propoñen diversas materias que van desde a preparación de futbolistas ás relacións entre a intelixencia artificial desde o punto de vista creativo, pasando pola arte téxtil, a profesionalización artística, a técnica cerámica do raku e a creación téxtil con feltro.
Calquera persoa que o desexe pode inscribirse a partir deste xoves 9 de maio nos cursos que oferta o campus a través da plataforma Campusactivo. O prazo pecharase cando se complete o número de prazas ofertadas ou 15 días antes do inicio de cada curso.
Trátase de actividades de, entre 20 e 40 horas de formación. que comezará o 21 de xuño con Raku, cerámica a lume vivo, proposta centrada na técnica tradicional oriental de creación de pezas cerámicas. Está dirixido polo profesor Juan Carlos Román.
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte poñerá en marcha en xuño a terceira edición de Adestramento no fútbol, dirixido polo catedrático Carlos Lago. coa participación de Eduardo Domínguez, preparador físico da selección de Marrocos; #Luis Casais, ex preparador físico da selección de Rusia; Rubén Crespo, preparador físico do Leeds; ou Félix Fernández, reeadaptador do Real Club Betis Balompé.
Na mesma facultade impartirase o curso Intelixencia artificial e praxe creadora, entre o 17 e o 24 de xullo, dirixido por José María Pazos e coa participación de investigadores de Brasil e Colombia que tratarán a problemática na relación pedagóxica mediada polo mundo dixital analizando a intelixencia artificial na aula.
Ciencias da Educación tamén será escenario de Xadrez, un recurso educativo, curso que se impartirá entre o 26 e o 30 de xullo, coa presenza do mestre internacional Pablo García, xerente da Escola Xadrez Pontevedra.
En Belas Artes, os días 15 e 16 de xullo analizarase a Profesionalización e sustentabilidade no ámbito artístico.
Xa en setembro está previsto o curso Residuos, tinguidos e retal. Práctica artística sostible e o ciclo pecharase entre o 21 e o 25 de outubro en Belas Artes con Creación téxtil. Feltro e texturas, taller dirixido pola profesora Lola Dopico.