Integrantes da Asociación de Xubilados da Policía de Pontevedra (AJUPOL), composta por funcionarios de todas as escalas e categorías pertencentes á Policía Nacional, que prestaron servizo na Comisaría Provincial han decidido colaborar coa poboación de Ucraína.
Nas últimas horas entregaban no almacén dunha panadería local 1.300 latas de conserva e 170 caixas de papas con oito cereais para bebés a unha cidadá ucraína en Pontevedra. O colectivo agradece as facilidades dadas por Conservas Pescamar e polo Hipermercado Froiz para realizar esta adquisición.
Desde AJUPOL mostran a súa preocupación por este conflito bélico e trasladan á poboación ucraína que aínda que "non poderemos solucionarlles o seu futuro nin evitar o seu sufrimento, choraremos con eles e poñeremos o noso gran de area para que ese sufrimento sexa o máis levadío posible".
Esta asociación, presidida por José Freire, define esta guerra como "incomprensible desde o punto de vista racional" e por iso fan un chamamento cidadán ao compromiso e solidariedade, desexando que a paz chegue canto antes.