A Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias acaba de aprobar unha medida encamiñada a frear o coronavirus entre os muros da prisión da Lama. A partir do próximo luns 28 de setembro, suspéndense os 'vis a vis' para todos os internos do penal.
O centro pontevedrés esquivou ata o de agora os contaxios de Covid-19 e non confirmou ningún positivo desde o inicio da pandemia, pero o avance da enfermidade na área sanitaria facía perigar as opcións de manter a rela a súa entrada no centro, por iso é polo que se optou por esta medida.
A medida solicitáraa a directora da prisión, Teresa Delgado, a Madrid, e a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias acábaa de adoptar. Era, ademais, unha medida que reclamou insistentemente a sección sindical de ACAIP-UXT na Lama, pois formalizou a petición ata en catro ocasiones.
Ademais dos vis a vis, suspéndense todas as comunicacións especiais no centro, isto é, as visitas íntimas, familiares e de convivencia reguladas no artigo 45 do Regulamento Penal.
As comunicacións suspéndense durante tres semanas a partir do luns 28 de setembro.
A Secretaría Xeral adoptou esta decisión tras analizar a evolución da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Estas medidas adóptanse nos centros sanitarios situados en zonas cunha alta incidencia do coronavirus e sempre tendo en cuenta datos sanitarios e epidemiolóxicos.