Institucións Penitenciarias recoñece publicamente a funcionarios da Lama que salvaron un interno

A Lama
10 de decembro 2020

Os sindicatos destacan que "é a primeira vez en 22 anos" que Institucións Penitenciarias recoñecen publicamente o traballo do persoal do penal pontevedrés, no que lembran hai 73 vacantes, a maior parte na área de vixilancia interior

Prisión da Lama
Prisión da Lama / Mónica Patxot

Funcionarios da prisión da Lama salvaron a vida dun interno que tratou de suicidarse no módulo de Enfermería no que estaba ingresado, un feito que foi recoñecido publicamente por Institucións Penitenciarias.

O suceso rexistrouse onte sobre as catro e media da tarde, segundo informaron os sindicatos ACAIP-UXT, CCOO, CSI-CSIF, CIG e ATP nun comunicado conxunto.

Ao abrir as celas, un funcionario atopou a un dos presos inconsciente. Tras pedir axuda e realizarlle as manobras de reanimación, o interno recuperou a consciencia e foi atendido polos servizos médicos do penal.

A "rápida actuación" destes funcionarios, destacan os sindicatos, permitiu evitar unha "desgraza irreparable" e que o recluso se atope actualmente fóra de perigo.

Desde Institucións Penitenciarias, a través da súa conta en Twitter, agradeceron o labor dos funcionarios da Lama, lembrando que ademais de reinserir "é noso deber protexer a saúde e a integridade física das persoas que custodiamos".

Os sindicatos destacan que "é a primeira vez en 22 anos" que Institucións Penitenciarias recoñecen publicamente o traballo do persoal do penal pontevedrés, no que lembran hai 73 vacantes, a maior parte na área de vixilancia interior.