Instan ao Concello a "porse as pilas " co mantemento dos colexios e cubrir as baixas dos bedeles

Pontevedra
08 de outubro 2024
Actualizado: 13:54

O grupo municipal do PP mantivo diferentes reunións cos centros educativos e aseguran comprobar as "numerosas deficiencias" que corresponden a asuntos de competencia do Concello e que afectan o desenvolvemento da actividade lectiva

eei crespo rivas
eei crespo rivas / Mónica Patxot

O Partido Popular de Pontevedra insta o goberno local a "porse as pilas" co mantemento nos colexios, crear unha lista para cubrir "de forma inmediata" as baixas do persoal de Conserxería e mellorar a comunicación cos centros.

Así o reclamará a concelleira do PP local, Aroa Otero, nunha moción que defenderá no pleno ordinario de outubro.

O grupo municipal do PP mantivo diferentes reunións cos centros educativos e aseguran comprobar as "numerosas deficiencias" que corresponden a asuntos de competencia do Concello e que "afectan o desenvolvemento da actividade lectiva neste inicio do curso escolar".

A edil popular demandará unha solución ante a falta de limpeza e conservación da Escola de Educación Infantil Concepción Crespo Rivas. Segundo relatou, este centro ten o patio charquento e cheo de follas pola falta de poda, os sumidoiros obstruidas pola maleza, randeeiras sucias pola resina das árbores e "fervenzas de auga constantes pola falta de desaugadoiro dos canlóns".

O Colexio de Educación Infantil e Primaria Álvarez Limeses é outro dos centros educativos con problemas de mantemento con "unha canaleta debaixo do tellado que está a piques de caer, sendo un risco para os 400 alumnos do colexio", denunciou Otero.

Outro dos déficits que comparten estes dous centros educativos coa Escola Infantil Fina Casalderrey é a baixa do persoal de Conserxería.

Desde o PP tamén reprochan ao goberno municipal que non informase ás escolas de educación infantil dos cambios do persoal de mantemento "o que xerou incerteza e malestar".

Por último, tamén solicitará o aumento do persoal de limpeza dos centros educativos.