O Coletivo Feminista Pontevedra insta ao Concello á "inmediata retirada" da campaña "Rezar frente a las clínicas abortistas está genial" ao entender que supón un "ataque á liberdade individual".
Cinco marquesinas da cidades de Pontevedra teñen este "provocador mensaje", como admiten os promotores da iniciativa a Asociación Católica de Propagandistas (ACdP), que segundo eles mesmos se presentan, son "una agrupación de fieles laicos unidos en su vocación de evangelizar la vida pública".
Estes letreiros forman parte dunha iniciativa nivel estatal con 260 marquesinas en 33 cidades españolas que expresan a súa opinión contra as vindeiras reformas da Lei do Aborto e do Código Penal que, segundo sinalan dende AcdP "prevé hasta un año de cárcel para quien se concentre a rezar pacíficamente delante de los centros que practican abortos".
Dende o Coletivo Feminista de Pontevedra, consideran que "esta campaña realizada por grupos de ultradereita católica é máis propia de séculos pretéritos que da realidade actual".
Aseguran que é unha iniciativa de "acoso" que "atenta contra a integridade individual e o poder de decisión das mulleres" e sinalan que a lei 3/2010 do 3 de marzo, "foi un dos maiores logros do movemento feminista deste país".
"Este dereito que debería ser universal, segue a ser nalgunhas comunidades autónomas de España, case imposible de cumprir, ben pola obxección de conciencia dos sanitarios, ben porque a propia administración e sistema sanitario lle lo poñen difícil ás mulleres que deciden interrumpir o seu embarazo", di o Colectivo Feminista de Pontevedra.
"A situación a que se enfrontan as mulleres que deciden interrumpir o seu embarazo é de extrema complexidade e supón un antes e un despois nas súas vidas, como pra que aínda por enriba se atopen coa desagradable situación de ver como son acosadas, insultadas ou agredidas por parte de grupos antiabortistas e de grupos ultracatólicos", rematan.