Instan á Xunta a asumir a UAD porque "non ten sentido" que un centro clínico dependa do Concello

Pontevedra
05 de outubro 2023

O Concello insiste na necesaria transferencia da unidade asistencial de drogodependencias (UAD) de Pontevedra, situada na praza de Valentín García Escudero, á Xunta de Galicia. Aseguran que "non ten sentido" que un centro clínico e sanitario dependa da administración municipal

Unidade asistencial de drogodependencias en Valentín García Escudero
Unidade asistencial de drogodependencias en Valentín García Escudero / Mónica Patxot

O Concello insiste na necesaria transferencia da unidade asistencial de drogodependencias (UAD) de Pontevedra, situada na praza de Valentín García Escudero, á Xunta de Galicia. Aseguran que "non ten sentido" que un centro clínico e sanitario dependa da administración municipal.

A edil de Benestar Social, Anabel Gulías, explicou este xoves que o posicionamento do Concello é o de planificar o futuro da UAD e, para iso, remitiu unha comunicación á Xunta para convocar unha comisión de seguimento coa FEGAMP para seguir traballando na súa transferencia.

Gulías recordou que esta unidade naceu no ano 1991 "durante os anos máis escuros de Galicia ao respecto das drogadiccións", e como unha resposta á demanda e alerta social que se vivía. 

Na actualidade, o servizo municipal ten un custe de 495.580,97 euros, dos que a Xunta, a través do Sergas, cubre 397.294,65 euros, sendo o resto pagados con fondos municipais.

Do total deste financiamento, 464.814,66 euros correspóndense co gasto de persoal, de sete traballadores e traballadoras. "Este persoal ten un perfil diferente ao que acostuma contratar un Concello: falamos de médicos, psiquiatras ou enfermeiros, un claro perfil médico", sinalou a edil. 

Ademais da achega económica, o Concello tamén asume os gastos de mantemento, de limpeza, de subministracións, de luz e demais servizos desta unidade.

A UAD atende non só a doentes de Pontevedra, senón que presta asistencia a pacientes de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, A Lama, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Soutomaior y Vilaboa, con una población general estimada de 165.000 habitantes.

Isto, segundo os informes, "se asemella ao funcionamento dun centro sanitario". Tanto é así, afirman desde o goberno municipal, que a organización da UAD é marcada polo Sergas, que decide as ordes de traballo e do servizo, mesmo utilizando o seu sistema informático. 

O centro ofrece distintos tratamentos como a subministración de metadona e outros medicamentos, detección de drogas ou campañas de vacinación (mesmo da gripe), tratamentos de alcoholismo ou de VIH, "accións de claro perfil médico" e dun centro sanitario.

"Xa hai tempo que se puxo sobre a mesa de facer unha transferencia ao Sergas e á Xunta de Galicia deste tipo de unidades, xa que non ten sentido, nin é operativo nin é funcional que un centro sanitario dependa dun Concello", reiterou a responsable de Benestar Social.

Este asunto, segundo Gulías, xera un "consenso" ao redor das administracións locais e desde ese punto traballa a FEGAMP desde decembro de 2022, coa constitución dunha comisión mixta que establecía unha folla de ruta e a entrega de distinta documentación e información.

O Concello pontevedrés, asegura a concelleira do BNG, "remitiu a información tal e como se solicitaba dentro do prazo previsto, mais a situación está no mesmo punto de partida", polo que reitera que o goberno municipal ofrecerá "todas as facilidades posibles" para seguir ese camiño.