A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra instala nestas datas o emblemático Belén de Nadal.
Este traballo foi elaborado, un ano máis, de maneira artesanal polo garda civil retirado Antonio Varela Mourelle, coa axuda da súa esposa Marisol Peso.
Aquelas persoas interesadas en visitalo terán ocasión entre o luns 19 de decembro e o 5 de xaneiro, en horario de 10.00 a 13.00 horas, de luns a venres.
É necesario presentar unha solicitude para poder acceder a través do gabinete de prensa no correo [email protected] ou chamando á central da Comandancia e solicitar o contacto con prensa para que se organicen grupos de visita.