O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, fixo público o acordo da mesa de contratación da mellora enerxética que se vai levar a cabo no campo municipal de fútbol das Estremas e que foi adxudicada á empresa Insatel Instalaciones, S.L.
A reforma ten un orzamento de 98.668 euros que se vai a afrontar con fondos aportados pola Deputación de Pontevedra.
A través desta intervención, no campo municipal de fútbol das Estremas mellorarase a envolvente térmica nos vestiarios, instalarase un sistema de iluminación máis eficiente, substituiranse os termos eléctricos por outros de aerotermia e instalaranse paneis solares.
Finalmente, o proxecto de subvención contempla a mellora da recollida de residuos instalando depósitos selectivos no campo con diferentes compartimentos para realizar a separación do lixo.
Tamén se cambiarán os asentos rotos por outros novos.
Jorge Cubela sinalou que "gañaremos en eficiencia enerxética para un maior aforro en uso e mantemento deste tipo de infraestruturas municipais".