Inicio dunha campaña de axuda a Ucraína do Rotary Club de Pontevedra

Pontevedra
13 de marzo 2022

As persoas interesadas en colaborar con esta campaña solidaria poden facer as súas doazóns por medio do BIZUM do Club Rotario de Pontevedra (código 01869) ou transferencia bancaria á conta de Rotary Club de Pontevedra

Campaña de recollida de fondos do Rotary Club Pontevedra para axudar á poboación de Ucraína
Campaña de recollida de fondos do Rotary Club Pontevedra para axudar á poboación de Ucraína / Club Rotary Pontevedra

A organización Rotary Club de Pontevedra decidiu poñer en marcha unha campaña de recollida de fondos para axudar á poboación de Ucraína ante a invasión que está a sufrir por parte de Rusia.

As cantidades que se recaden nesta campaña serán xestionadas a través da Fundación Humanitaria dos Rotarios Españois (FHRE). A través da estrutura organizativa do Rotary Internacional, as cantidades recadadas destinarase a paliar os efectos que está a causar "esta absurda contenda bélica na poboación civil ucraína", segundo indican desde a organización.

Aquelas persoas interesadas en colaborar con esta campaña solidaria poden facer as súas doazóns por medio do BIZUM do Club Rotario de Pontevedra (código 01869) ou a través dunha transferencia bancaria á conta do Rotary Club de Pontevedra cuxo número é o ES78 0049 6781 1725 1607 6838, indicando no concepto "doazón axuda Ucraína".

Arquivado en