A Xunta iniciou este xoves sobre o terreo os traballos de prevención ante posibles perdas de chan provocadas polas chuvias en zonas afectadas por incendios forestais.
Estes labores engádense ás que Augas de Galicia leva realizando ao longo da última semana no dominio público hidráulico, destaca a Consellería de Medio Rural.
Efectivos de distintos departamentos traballan "xa" en zonas de ponte Caldelas co fin de evitar erosións do chan e afectación das cinzas. Nunha primeira fase, as tarefas consisten no recoñecemento do terreo e a mellora da rede viaria. Trátase de desatascar e mellorar as canles de drenaxe da auga, para evitar o seu colapso e que se poidan producir fortes riadas.
A continuación procederase a realizar, nos puntos concretos que se determinen previamente, un tratamento de laderas e canles de auga, coa mesma finalidade, segundo explica a consellería.