Os ingresos anuais dunha familia só permiten comprar unha vivenda de 16 metros cadrados en Pontevedra

Pontevedra
26 de marzo 2025
Actualizado: 14:53

O panorama non sería moito mellor se se teñen en conta todos os datos relativos ao conxunto da provincia, xa que ese gasto só daría para unha vivenda de 18 metros cadrados

Escaparate dunha inmobiliaria da cidade
Escaparate dunha inmobiliaria da cidade / Mónica Patxot

Se unha familia pontevedresa media destinase todos os seus ingresos dun ano a comprar unha vivenda na cidade só podería pagar un micropiso de 16 metros cadrados.

Así o reflicte un estudo publicado este mércores por Idealista.

O portal inmobiliario realizou este traballo a partir das cifras de ingresos medios por fogar do Instituto Nacional de Estatística (INE) e dos prezos do metro cadrado no mes de febreiro que sinalan os seus propios datos.

O panorama non sería moito mellor se se teñen en conta todos os datos relativos ao conxunto da provincia, xa que ese gasto só daría para unha vivenda de 18 metros cadrados.

Pontevedra atópase na zona media dunha táboa que encabeza San Sebastián, onde só daría para unha casa de 8 metros cadrados, e Barcelona, Madrid e Palma, onde se poderían comprar 9 metros cadrados cos ingresos dun ano.

Séguenlles Málaga (10), Bilbao e Cádiz (11) e Valencia, A Coruña e Vitoria (13).

Pola contra, xunto a Xaén (28 metros cadrados), as maiores superficies pódense comprar en Cidade Real e Lleida (27),Murcia, Teruel e Zamora (25) e Cáceres, Castelló, Cuenca e Palencia (24).

A media nacional, en base ao estudo publicado por Idealista, reflicte que os ingresos que recibe unha familia durante un ano daría para unha vivenda de 13 metros cadrados.