O Xulgado de Garda de Marín ordenou el ingreso en prisión provisional, sen fianza dun home ao que a Garda Civil detivo por un suposto delito de tráfico de drogas e outro de tenencia ilícita de armas.
O detido, de 36 anos, é veciño de Bueu.
Almacenaba en diversos trasteiros, cantidades de diversas sustancias estupefacientes, ademais de dúas armas curtas, unha delas con silenciador.
Ademais, os axentes incautaron 2 cargadores municionados, 7 quilogramos de haxix, 500 gramos de cocaína, 7 gramos de speed e 125 gramos de cocaína rosa, todo iso situado no piso superior da súa antiga vivenda, na localidade de Bueu.

Segundo informa o Instituto Armado a detención produciuse o pasado día 27 de marzo.
Con esta detención a Garda Civil considera que quedou desartellado un importante punto de venda de sustancias estupefacientes que operaba na localidade de Bueu.
Estas mesmas fontes oficiais engaden que non se descartan máis detencións.
A operación foi levada a cabo polo Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) da Garda Civil de Pontevedra, en coordinación co Equipo Básico de Inspección Ocular (EBIO) de Cangas