Independizarse antes dos 30, unha odisea para os xóvenes pontevedreses

Pontevedra
23 de febreiro 2020

A precariedade laboal e a pouca oferta de traballo que se dá na cidade, non permite que a xuventude de hoxe en día poidan idependizarse antes dos trinta anos. Ademáis, Pontevedra é a cuarta cidade de Galicia máis cara para alugar unha vivenda, cunha media de 451 euros o mes, segundo o Observatorio de Vivenda e Solo

A pouca oferta laboral e os prezos altos do aluguer fan que sexa imposible para a mocidade poder independizarse
A pouca oferta laboral e os prezos altos do aluguer fan que sexa imposible para a mocidade poder independizarse / Cristina Saiz

Os mozos españois están á cola de Europa en canto a idade de emancipación. Isto repercute noutros aspectos da vida, como a baixa natalidade: a idade de maternidade se atrasa en España ata os 32 anos fronte aos 29’5 que se rexistraban ao principio do milenio. 

Máis da metade dos españois de entre 25 e 29 anos aínda viven co seu pais, representando o 53% da poboación. Pasando a trintena, o 25% dos que teñen entre 30 e 34 anos tampouco puideron independizarse. 

En Galicia, as cifras son tamén moi altas. Un 64,3% de mozos de entre 18 e 34 anos vive aínda na unidade familiar. Ademais, un 23,8% de mozos de entre 25 a 34 anos non teñen ningún tipo de ingresos. Isto débese ás imposibilidades para atopar un traballo fixo e as malas condicións laborais.

Segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), en Pontevedra rexistrouse en 2019 unha taxa de paro do 15,85%, o que se traduciu nun 68,3% de parados na provincia. En canto ás idades comprendidas entre os 25 e 29 anos, o 19,6% están parados. Baixa un pouco a media dos que teñen entre 30 e 34 anos, cunha taxa de paro do 14,3%. Debido á precariedade laboral e a imposibilidade de atopar un traballo fixo, aqueles que si se independizaron optan por un fogar tipo parella, correspondéndolles un 31,1% do total, mentres que soamente o 25% pode permitirse vivir só. 

En canto aos prezos do aluguer, en Galicia roldan os 418 euros ao mes. Con todo, Pontevedra sitúase como a cuarta cidade da comunidade máis cara para alugar unha vivenda, cunha media de 451 euros ao mes segundo datos do Observatorio de Vivenda e Solo. O arrendamento é a única opción para os mozos que poden independizarse, pois a compra dunha vivenda vólvese imposible debido aos traballos temporais e a pouca previsión de futuro que estes traen consigo. 

Fernando asegura que ten esperanzas de poder independizarse pronto, pero resulta moi complicado debido á inestabilidade laboral

Se xa é difícil atopar traballo, máis complicado vólvese en cidades pequenas, como é o caso de Pontevedra. A pouca oferta laboral practicamente dáse na hostalería e turismo, sectores bastante arraigados na cidade. 

Raquel é veciña de Pontevedra e ten 24 anos. Estudou dous cursos de Dereito na Universidade e este ano terminará un ciclo superior de asistencia á dirección, aínda que non descarta volver á universidade no futuro. Actualmente, atópase facendo prácticas remuneradas de administrativa. O seu principal medo é a precariedade laboral que azouta aos mozos de hoxe en día. “Dependo de cómo se desarrolle el futuro y un poco de la suerte para poder encontrar trabajo y emanciparme. Me gustaría hacerlo cuanto antes pero teniendo unos ahorros y una mínima estabilidad laboral, y de momento, no es posible”, asegura.

Fernando ten 29 anos e vive en Pontevedra. É graduado en Pedagoxía, estudos que terminou no 2014. Desde ese ano, só traballou con contratos temporais, algúns mesmo de prácticas.”He podido trabajar de lo mío, pero también he tenido que buscarme otras cosas para poder tener ingresos”, sostén. Agora mesmo non ten traballo, por iso, ten que vivir coa súa nai. Asegura ter esperanzas de irse de casa pronto, aínda que mantén que pensar niso a longo prazo é complicado debido á inestabilidade laboral. 

Aos seus 28 anos, Borja ten estudos de Ciencias Políticas. Durante algúns anos, traballou no negocio familiar de hostalería. Actualmente reside cos seus pais na vivenda familiar e traballa dando clases particulares a domicilio asegurando que lle é imposible emanciparse coa pequena xornada laboral que se pode desempeñar e cos baixos ingresos que se perciben. Ademais, móstrase indignado coa taxa de desemprego entre a xente nova, algo que están a sufrir moitos mozos do país. “Xa hai moito que estamos a vivir unha deriva de perda dos dereitos laborais, e iso tradúcese, entre outras cousas, en salarios de miseria, que non permiten máis que unha mala subsistencia, e esta factura pagarémola todos se as cousas non cambian”, explica.