Incautan 99 prendas deportivas falsas no mercado ambulante de Moraña cun valor de 7.000 euros

Umia
23 de xaneiro 2017

Axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa localizaron, no habitual mercado ambulante de Moraña, un posto de venda onde estaban expostas ao público unha partida de camisetas e pantalóns deportivos de diferentes equipos de 

Roupa falsificada detectada pola Garda Civil en Moraña
Roupa falsificada detectada pola Garda Civil en Moraña / Guardia Civil

A Garda Civil incautou 99 pezas deportivas, presuntamente falsificadas, cando se atopaban dispostas para a venda ao público no mercado ambulante da localidade de Moraña.

O xoves 19, os efectivos da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, localizaron na habitual feira de Moraña un posto de venda onde estaba exposta ao público unha partida de camisetas e pantalóns deportivos de diferentes equipos profesionais de fútbol. Todas as pezas estaban etiquetadas coas marcas de acreditadas firmas comerciais e dispostas para a venda.

Ao comprobar os compoñentes da patrulla que o responsable do posto ambulante carecía da correspondente factura de compra das pezas e da autorización das marcas rexistradas afectadas, a Garda Civil procedeu á incautación preventiva de todas as pezas, 59 camisetas e 40 pantalóns. O seu valor no mercado supera os 7.000 euros.

Tamén se instruíron dilixencias por un presunto delito contra a propiedade industrial, que foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Caldas de Reis.