A Policía Autonómica ven de informar da detención de tres persoas coma presuntos autores de incendios forestais en Pobra do Caramiñal (A Coruña), Meis (Pontevedra) e Barbadás, na provincia de Ourense.
No caso do concello pontevedrés, axentes da Policía Autonómica da Xefatura Provincial de Pontevedra procederon a imputar a un veciño coma autor dun lume causado polo lanzamento imprudente de foguetes sen adoptar as medidas preventivas acordes á normativa para a realización da mesma.
O lume tivo lugar na parroquia de San Vicente de Nogueira, no concello de Meis o pasado día 22, resultando queimados 300 metros cadrados de monte arborado.
As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Cambados.