O parque infantil de Mollavao loce nova imaxe tras o remate do reacondicionamento iniciado pola Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural cuna achega económica de 6.000 euros.
A obra, levada a cabo pola empresa Eicros Gestión SL consistiu na dotación do parque dunha nova imaxe co arranxo do valado perimetral da zona de xogos, a instalación dun novo teito de madeira, a reposición de parafusos e tapóns, a substitución de cordas en mal estado por outras novas, a realización dunha limpeza integral do pavimento do parque e o fresado do chan.
O portavoz do PSOE e impulsor desta actuación, Iván Puentes, mostrouse satisfeito polo "fantástico resultado das obras" e sinalou que "agora os nosos nenos e nenas poden desfrutar con seguridade e nunhas condicións óptimas" dun parque "máis seguro, bonito e desfrutable".