Illa de Cortegada, un magnífico espazo natural onde o tempo se para

Pontevedra
03 de decembro 2014

Queridos lectores, sempre me entusiasmaron as illas. A quen non? Teñen un atraente máxico, inspiran tesouros escondidos, tempos afastados de ancestrais costumes e personaxes de lenda. Por sorte, Galicia goza do privilexio de ter no seu territorio, que xa ten o encanto do misterioso de por si, a Isla de Cortegada, no Parque Nacional Illas Atlánticas

Illa de Cortegada
Illa de Cortegada / Silvye Tartán

Queridos lectores, sempre me entusiasmaron as illas. A quen non? Teñen un atraente máxico, inspiran tesouros escondidos, tempos afastados de ancestrais costumes e personaxes de lenda. Por sorte, Galicia goza do privilexio de ter no seu territorio, que xa ten o encanto do misterioso de por si, a Illa de Cortegada, no Parque Nacional Illas Atlánticas

arribandoislacortegada

Arribando á illa, que emoción!

 

Esta illa con historia -foi regalada a Alfonso XIII para que construíse alí un pazo que fixese as veces de residencia de caza-, tivo unha evolución inversa á habitual. Se o normal é que a paisaxe salvaxe se converta en poboación, en Cortegada a poboación quitárona por decreto e a paisaxe salvaxe foi recuperada por unha boa política ambiental.

cruceirocortegada

Este cruceiro da illa marca o camiño marítimo cara Santiago de Compostela. 

 

Para poder gozar dela, nada mellor que ser guiado por Corticata un eficaz compás en forma de empresa que cultiva o turismo ambiental, axuda a valorar espazos protexidos (Cortegada, Sálvora...) e explica que é o que realmente está vendo e vivindo o visitante. 

equipocortegada

Que riquiño é o equipo de Corticata! Entusiasmaranvos as súas explicacións.

 

Cantos de vós coñecedes este inspirador canto insular de Pontevedra? Ummmm, seguro que se levantan poucas mans. Pois agora é un bo momento para coñecelo, afastarse do mundanal ruído e respirar osíxeno profundamente para gañar anos de vida coa mellor saúde. Non coñecedes o efecto terapéutico dos bosques? Os xaponeses levan anos utilizándoos como medicina e funciónalles. E é que na Isla de Cortegada vos ides encontrar o máis importante bosque de loureiros de Europa, entre outras marabillas.

lagunacortegada

Lagoa ao comezo do bosque de loureiros. Unha paisaxe de beleza tenebrosa.

carballocortegada

O "carballo come-pedras" ou a historia dunha árbore que comía pedras e algo máis... deixovos coa intriga.

setascortegada

Cogomelos incribles, líquenes indicadores de aire puro e centos de especies máis que habita esta illa.

isloteconcortegada

O Illote do Cón. Debeu de ter o atrevemento de dicir nalgún momento "Que me parta un raio, se... " porque efectivamente está partido en dous por un raio.

 

Os rapaces de Corticata revelaranvos segredos escondidos nesta illa, ensinaranvos a súa curiosa fauna, explicaranvos os avatares da súa historia, mostraranvos as ruínas que falan de familias antigas e tempos sinxelos pero duros. O mellor? Que todo isto o farán con cariño, dozura e simpatía.

ruinascortegada

Ruínas da "casa das viúvas", a casa de maior riqueza da poboación.

garzacortegada

A garza é unha das aves que habita a illa. Puidémoslle facer este "roubado" praieiro de milagre.

pinomansocortegada

O piñeiro manso, ideal para exorcismos de malo de ollo. Xa volo contarán.

 

A Isla de Cortegada é sen dúbida un deses descubrimentos cos que pecho o meu ano fiscal e natural. Non deixedes pasar máis tempo sen coñecela! Ademais, agora que entramos de cheo no Nadal e que podemos agasallar os nosos seres queridos de múltiples formas, que vos parece regalar unha mañá nesta illa marabillosa? Eu, que o vivín, recoméndovolo.

Información e reservas en: 625 80 79 23 e 639 87 04 88 e en info@corticata.com.

ameixascarrilcortegada

A que vén isto agora? Tamén vos recomendo as ameixas de Carril, porto de onde sae o barco que vos levará a Cortegada e onde regresaredes cun grande apetito. Viva Galicia!

Bicos e abrazos dende o Atlántico!