A Illa de Arousa negocia co Ministerio de Vivenda construir pisos asequibles para a mocidade

O Salnés
26 de outubro 2024

A idea é construir novas vivendas que saian ao mercado a prezos asequibles para facilitar que a poboación máis nova se poida independizar. Sería a través de alugueiros para todo o ano

Xuntanza do alcalde da Illa de Arousa coa presidenta do SEPES
Xuntanza do alcalde da Illa de Arousa coa presidenta do SEPES / Concello de Illa de Arousa

Incrementar o parque público de vivenda asequible no municipio, pensando especialmente na mocidade da vila. Con ese obxectivo viaxou a Madrid o alcalde da Illa de Arousa, Luis Otero.

Foi para manter unha reunión de traballo con Leire Iglesias, directora xeral da Entidade Pública Empresarial do Solo (SEPES), un organismo dependente do Ministerio de Vivenda.

Ambos exploraron fórmulas de asesoramento e colaboración para desenvolver novas promocións de vivenda pública na Illa de Arousa.

O Concello conta con varias parcelas municipais, nas áreas de reparto, que considera que son susceptibles para a construcción de vivendas pública en réxime de aluguer.

O alcalde explicou que este foi o primeiro contacto na folla de ruta deste ambicioso proxecto, o de incrementar o parque público de vivenda mediante a activación de solo público.

A idea, segundo detallou Arosa, é construir novas vivendas que saian ao mercado a prezos asequibles para facilitar que a poboación máis nova se poida independizar.

Sería a través de alugueiros para todo o ano, con prezos que sexan acordes aos ingresos da renta per cápita da poboación arousana.