A Policía Nacional de Pontevedra identificou unha rapaza menor de idade como presunta autora de varios furtos que tería cometido dúas tendas de roupa da rúa Benito Corbal.
Todo aconteceu este luns 23 de marzo sobre as 19.10 horas. O responsable dun establecemento comercial alertou unha patrulla policial de que instantes antes sorprendera a unha menor mentres arrancaba os dispositivos de alarma de varias pezas.
Os axentes estaban estaban realizando labores de prevención da seguridade cidadá polas inmediacións da rúa Benito Corbal cando foron requiridos polo comerciante. Tras recibir a alerta, solicitaron datos da menor e identificárona.
A continuación, puxéronse en contacto cos pais da menor para que comparecesen en dependencias policiais e se fixesen cargo da rapaza, que recoñeceu ter subtraído as pezas que se lle incautaron. Colleunas de dúas tendas distintas e están valoradas nun total de 76,88 euros.