A Policía Nacional de Pontevedra identificou na tarde deste venres dúas persoas, un home e unha muller, que foron sorprendidos minutos antes mentres tentaba roubar produtos no supermercado Gadis da rúa Benito Corbal.
Os feitos ocorreron ao redor das 20.00 horas da tarde deste venres. A encargada do establecemento solicitou a presenza da policía tras coller ‘infraganti’ aos ladróns.
Dúas patrullas da Policía Nacional desprazáronse de inmediato ata a zona e identificaron os sospeitosos. Trátase dun home natural de Mondariz e unha muller de orixe alemá.
Fontes policiais indicaron que non é a primeira vez que estes sospeitosos están implicados en feitos similares, sendo coñecidos por outras actuacións na cidade de Vigo.
O incidente causou un gran balbordo na rúa Benito Corbal, moi concorrida a esas horas, e entre a clientela do supermercado.