Un informe da empresa Recygest, que se encarga da recadación por vía executiva no Concello de Pontevedra, desvela que en 2013 as arcas municipais terían que ter ingresado 6,24 millóns de euros en taxas e impostos que os pontevedreses deberían ter pagado no seu debido momento. Trátase dun 17% menos que o ano anterior, cando se recadaron 7.53 millóns. ÿ a cifra máis baixa que se rexistra desde 2010.
En concreto, as taxas que máis impagos xeran en Pontevedra son o IBI (2,25 millóns de euros), a viñeta do coche (1,10 millóns), a auga (case 800.000 euros) e as multas de tráfico (608.191 euros). Menos cantidades chegan á vía executiva na liquidación do imposto sobre contrucións, instalacións e obras (408.875 euros), o imposto sobre actividades económicas (250.736 euros), as plusvalías (191.147 euros) ou o lixo rural (127.082) euros.
En total, en 2013 enviáronse 31.377 notificaciones a contribuíntes pontevedreses informándolles de impagos dalgún dos tributos que teñen de pagar. De todas elas 18.008 foron devoltas por Correo ao non poder ser entregadas ao seu destinatario. Ademais, notificouse o embargo de 26.154 contas bancarias, vía pola que se logrou recadar 752.488 euros. Tralo abono deste diñeiro, ordenouse levantar o bloqueo a 804 deudores.
Este trámite de embargos emprendido por Recygest para recadar as taxas pendentes de pago estendéronse ademais a vehículos, inmobles e devolucións tributarias. Expedíronse 52 ordes de captura de vehículos propiedade dos debedores, notificouse o embargo de inmobles a 56 persoas, e ingresáronse 794.533 euros, case o dobre que en 2012, ao embargar as devolucións da Renda, o imposto de sociedades e o IVE a 1.671 morosos.
Con todos estes trámites en marcha, o Concello de Pontevedra logrou cobrar, entre o 1 de xaneiro e o 20 de decembro de 2013, un total de 3,81 millóns de euros. Trátase dun 2,21% menos que no exercicio anterior. Por esta vía executiva cobráronse 30.063 recibos, o maior número desde que existen estes rexistros. Trátase de débedas que, nalgúns casos, datan de 1997, polo que 148.839 euros do total corresponden a xuros de demora.